O Polígono de Vilar do Colo xa conta con rede WIMAX
  • Viernes, 23 Enero 2009

Coa posta en funcionamento da antena WIMAX instalada no Polígono de Vilar do Colo solvéntase en parte as deficiencias que afectan ó mesmo e que radicaban precisamente na falta de servizos de calidade que garantisen a conexión das empresas alí radicadas a internet. O Concello de Cabanas, en colaboración co Concello de Fene e coa Dirección Xeral de Promoción Industrial puxeron en marcha esta actividade que se enmarca dentro dun plan que pretende a instalación de WIMAX ó conxunto de 32 polígonos para dotalos de banda ancha.

A instalación de WIMAX en Vilar do Colo componse dunha antena e unha pequena construcción que ocupa 28 metros cadrados que permite a conxexión a Internet de banda ancha, con maior calidade e fiabilidade que o seu equivalente técnico, o sistema WIFI, así como con maior capacidade de servizo. Ata a data, a conexión a Internet limitábase a contratación de servizos ADSL, con operadores de telefonía, pero sendo un servizo deficiente segundo os empresarios.

Esta nova instalación non so beneficiará ás setenta empresas que en Vilar do Colo se atopan instaladas, senón que tamén permitirá ós veciños das parroquias limítrofes acceder sen cables a Internet. Pero dun millar de veciños residentes nun radio de 1,5 kilómetros arredor da instalación poderán acceder a este servizo, cuxo prezo oscila entre os 30 e os 180 euros mensuais.

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, mostrou a súa satisfacción por este primeiro paso para achegar o Polígono de Vilar do Colo ó século XXI, pero avisou de que a intención do goberno municipal non queda ahí, e que se seguirá traballando para a instalación dunha rede de fibra óptica que permita mellorar inda máis os servizos ofertados no polígono. 

O Concello de Cabanas proxecta a creación dun Punto de Atención Infantil
  • Domingo, 18 Enero 2009

Unha das prioridades que ten marcado o Concello de Cabanas é o de mellorar os servizos que se ofertan ós veciños e veciñas do municipio. Por ese motivo, entre os diferentes proxectos que o concello ten previsto levar a cabo a través do Fondo Estatal de Inversión Local atópase o da rehabilitación e adaptación da escola municipal “Alcalde Álvaro Puente”, máis coñecido como a Escola de As Viñas, para a creación dun Punto de Atención Infantil (P.A.I.).

Este P.A.I. trátase dun centro de coidado para nenos e nenas con idades entre os 0 e os 3 anos, e contará con vinte prazas, sendo o seu obxectivo o de facilitar e axudar a conciliar a vida laboral coa familiar. O centro estará atendido por profesionais que se ocuparán das necesidades dos nenos e nenas, ofrecendo deste xeito un coidado axeitado que permita ós pais e nais de Cabanas o compatibilizar os seus traballos co coidado dos seus fillos.

 

 

Obradoiro para os maiores
  • Martes, 13 Enero 2009

A través da súa Concellería de Servizos Sociais, o Concello de Cabanas en colaboración coa Deputación de A Coruña, dentro do seu programa para o desenvolvemento dos servizos sociais, retoma os seus cursos destinados á poboación maior do termo municipal. Búscase con estes obradoiros o favorecer o envellecemento activo da poboación de Cabanas e mellorar deste xeito as condicións dos maiores do Concello. 

Desta forma, a partires do próximo luns día 19 de xaneiro volverán a funcionar tanto o Taller de Memoria como o de Musicoterapia. Ambas actividades terán lugar na Antiga Casa Consistorial de Cabanas, celebrándose os luns e mércores en horario de 09:30 a 10:30 da mañá. Aquelas persoas que desexen tomar parte nestas actividades, poderán facelo ó longo do desenrolo do curso. 

Pensando en facilitar o acceso ós mesmos por parte de toda a poboación de Cabanas, dende o Concello facilitarase un transporte gratuíto que percorrerá as diferentes parroquias que conforman o termo municipal. Desta forma preténdese que a poboación da zona rural do concello non atope dificultades para tomar parte nestes programas que buscan mellorar as condicións de vida dos nosos maiores. 

Aquelas persoas interesadas en participar nestes dous obradoiros de Musicoterapia e de Memoria, poden acadar máis información nos Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 55 06.

Adxudicada a redacción do PXOM
  • Jueves, 01 Enero 2009

O Concello de Cabanas prosegue cos traballos destinados á elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha ferramenta imprescindible para ordenación urbanística de calquera municipio e do que carece na actualidade Cabanas. Xa con anterioridade tentouse levar a cabo a redacción de dito PXOM, sen que finalmente chegasen a bo porto por diferentes motivos. Nesta ocasión, sen embargo, o goberno municipal xa aprobou a adxudicación dos traballos de redacción deste Plan Xeral. 

Logo de levar a concurso público aberto o proceso de contratación, a empresa adxudicataria resultou ser a UTE formada por “DVega Arquitectura Territorio Medio Ambiente S.L” e “Proyestegal S.L.”, que recibirá 150.000 euros pola redacción do PXOM. Os traballos previos á redacción comezarán de forma inmediata, coa recollida de datos que permitan obter unha imaxe fidedigna da actual situación do Concello, así como elaborar as previsións de crecemento do mesmo que sirvan para a redacción do Plan Xeral. 

O seguinte paso neste proceso para a redacción do PXOM será o de entrega dos traballos de redacción do Plan Xeral para a súa remisión a informe previo á aprobación inicial, para o que a empresa adxudicataria disporá dun prazo máximo de dez meses a contar dende a firma do contrato.

Día da Bicicleta
  • Viernes, 28 Noviembre 2008

Dende o Concello de Cabanas consideramos que a práctica do deporte debe ser unha das nosas prioridades, polos efectos que esta ten non só na saúde de quen toma parte nel, senón tamén como unha forma para educar e transmitir os valores precisos para mellorar a nosa sociedade.

 É por iso que dende a Concellería de Deportes poñemos en marcha unha nova actividade na que esperamos contar tanto coa vosa presenza como coa vosa colaboración para darlle a maior repercusión posible. O vindeiro domingo día 30 de novembro levaremos a cabo o “Día da Bicicleta en Cabanas”, un acto no que esperamos poder contar tanto cos veciños e veciñas do noso concello como de xente dos arredores. Para os maiores de doce anos, as once da mañá e dende o Piñeiral de Cabanas partirá unha ruta cicloturista que pasará polo Paseo do Día Oito, Irís, Cardeita, O Pudrical, A Veiga, O Val, O Barreiro, Chao de Aldea, O Vinteún, Paseo de A Madalena para rematar novamente no Piñeiral. Para os menores de doce anos, as doce da mañá farase un paseo polo piñeiral.

Día contra a violencia de xénero
  • Viernes, 28 Noviembre 2008

O Concello de Cabanas celebrará hoxe venres día 28 de novembro os diferentes actos previstos para conmemorar o "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero".

Concurso para Auxiliar Administrativo
  • Jueves, 20 Noviembre 2008

O Concello de Cabanas está a levar adiante un concurso-oposición para provisión con caracter de interinidade dunha praza de auxiliar administrativo. Logo de valorar os méritos dos diferentes candidatos, xa tivo lugar a primeira das probas de avaliación. O segundo exercicio convocouse para o próximo día 26 de novembro, as 10:00 horas na Casa do Concello de Cabanas.

Valoración de méritos da fase de concurso

Nome e apelidos Tit. Exp. Curs. P.cond. Galego Total
María Torrente Rodríguez 1,00 --- --- 0,50 1,00 2,50
Mónica María Maceiras Vidal 1,00 --- 1,10 0,50 1,00 3,60
José Luis Ferreiro Felpeto 1,00 --- 0,15 0,50 1,00 2,65
Margarita Sixto Ramos 1,00 3,00 --- 0,50 1,00 5,50
Sergio Garrote Novo 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
María del Carmen Varela Penedo 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
María Lorena de la Viña Castro 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Marta Rodríguez Fernández 1,00 1,80 --- 0,50 1,00 4,30
Elena Pita Fernández 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Esther Carballeira Rego 1,50 --- 0,10 0,50 1,00 3,10
Patricia Rivera Caruncho 1,50 --- 2,00 0,50 1,00 5,00
Begoña Bouza Otero 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Santiago López Casal 1,00 --- 0,25 0,50 1,00 3,25
Ana Isabel Bouza García 1,50 1,80 0,52 0,50 1,00 5,32
Juan Pedro Verona Vicente Olarte 1,00 1,80 2,00 0,50 1,00 6,30
Almudena Fariña Gato 1,00 --- 0,50 0,50 1,00 3,00
Lidia María Tenreiro Gómez 1,00 --- 0,15 0,50 1,00 2,65
María Teresa González Silva 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Belén Nieto Rodríguez 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
María Fernández Piñeiro 1,50 1,80 --- 0,50 1,00 4,80
Artur Salorio Feal 1,50 --- --- 0,50 1,00 2,00
Miguel Ángel González-Llanos Rodríguez de Rivera 1,50 --- --- --- 1,00 2,50
María Eugenia Castelo Sánchez 1,00 3,00 0,60 0,50 1,00 6,10
Juan Carlos Barcia Díaz 1,00 3,00 0,90 0,50 1,00 6,40
Antonio Méndez Salgado 1,50 0,30 2,00 0,50 1,00 5,30
Patricia Tellado Campos 1,50 --- 0,50 0,50 1,00 3,50
Iria Carballeira Vázquez 1,50 --- 0,15 0,50 1,00 3,15
José Antonio Zoilo Lourido 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Miguel Cernadas Casal 1,50 --- 0,95 0,50 1,00 3,95
Elisa Miraz Loureiro 1,50 --- 2,00 0,50 1,00 5,00
Esther Vizcaíno Marín 1,00 --- --- 0,50 --- 1,50
Ramón Vázquez Rodríguez 1,50 --- --- 0,50 1,00 3,00
Marta García Ramón 1,50 --- 0,10 0,50 1,00 3,10
Teresa María del Pulgar Rocha 1,50 0,90 0,80 0,50 1,00 4,70
María Luisa Lage Rey 1,50 3,00 0,94 0,50 1,00 6,94
María Emilia García Maneiro 1,50 --- 1,55 0,50 1,00 4,55
María Dolores Torrecilla Cillero 1,00 --- 2,00 0,50 1,00 4,50
Montserrat Soto Soto 1,00 3,00 0,42 --- 1,00 5,42
Bárbara Paraños Díaz 1,00 0,45 2,00 0,50 1,00 4,95
Sandra María Bello Vázquez 1,50 2,70 2,00 0,50 1,00 7,70
María Jesús Agrasar Martínez 1,00 --- 2,00 0,50 1,00 4,50

Resultado do primeiro exercicio*

Nome e apelidos Puntuación
María Torrente Rodríguez Non apta
Mónica María Maceiras Vidal Non apta
José Luis Ferreiro Felpeto 5,28
Margarita Sixto Ramos NP
Sergio Garrote Novo Non apto
María del Carmen Varela Penedo Non apta
María Lorena de la Viña Castro 6,93
Marta Rodríguez Fernández 6,93
Elena Pita Fernández 6,27
Esther Carballeira Rego 5,61
Patricia Rivera Caruncho 6,60
Begoña Bouza Otero Non apta
Santiago López Casal Non apto
Ana Isabel Bouza García Non apta
Juan Pedro Verona Vicente Olarte 5,94
Almudena Fariña Gato 6,60
Lidia María Tenreiro Gómez 5,00
María Teresa González Silva 5,28
Belén Nieto Rodríguez NP
María Fernández Piñeiro Non apta
Artur Salorio Feal Non apto
Miguel Ángel González-Llanos Rodríguez de Rivera 5,28
María Eugenia Castelo Sánchez NP
Juan Carlos Barcia Díaz 6,60
Antonio Méndez Salgado 5,61
Patricia Tellado Campos 5,94
Iria Carballeira Vázquez NP
José Antonio Zoilo Lourido Non apto
Miguel Cernadas Casal Non apto
Elisa Miraz Loureiro Non apto
Esther Vizcaíno Marín 7,59
Ramón Vázquez Rodríguez 5,94
Marta García Ramón 8,25
Teresa María del Pulgar Rocha NP
María Luisa Lage Rey 6,60
María Emilia García Maneiro 6,60
María Dolores Torrecilla Cillero 5,00
Montserrat Soto Soto NP
Bárbara Paraños Díaz 5,61
Sandra María Bello Vázquez 8,25
María Jesús Agrasar Martínez 5,00

* O prazo para presentar reclamacións remata o día 21 de novembro de 2008

O Parque Natural "Fragas do Eume"
  • Jueves, 20 Noviembre 2008

O Parque natural das Fragas do Eume acolle nas súas 9.125 hectáreas de superficie o que é considerado bosque atlántico costeiro máis importante e mellor conservado de Europa. Nel habitan especies de gran singularidade que lle valeron fama botánica internacional.

O bosque de carballo que en Galicia chamamos "fragas" domina a maior parte deste territorio aínda que na marxe dos ríos os amieiros, os freixos e os salgueiros disputan a hexemonía do carballo.

Seguramente, debido a dificultade para explota-la madeira destas fragas polas pendentes, estes bosques sobreviviron á intervención humana a partir do neolítico. Hoxe en día, o seu enorme valor patrimonial pode xulgarse dende dúas vertentes. Por unha parte, a xeneralidade dunha paisaxe moi similiar ó que fai miles de anos poboaba a maior parte da Galicia máis próxima ó mar. Por outra, a singularidade aportada por diferentes especies que por raras, considéranse de gran valor no ámbito científico.

Son habituais entre as árbores, ademais do carballo, os amieiros, os freixos, os olmos, os salgueiros, os castiñeiros e os loureiros, algún que outro pradairo e incluso acivros e teixos. Entre os arbustos salientan especies como o espiño albar e o estraño érbedo, proclive a climes máis cálidos.

Á sombra de todos eles vexetan outras especies como a arandeira, a xilbarbeira, o brizo, a violeta e lianas do xénero hedra e cabrifollo.

Ademais, a presenza de abundantes fieitos é unha característica destas fragas. O grupo dos fieitos ten unha especial importancia debido á diversidade e rareza dalgunhas especies, relacionadas cunha antiga vexetación subtropical que poboaba as marxes do que hoxe sería o mar Mediterráneo durante o período Terciario, fai uns cincuenta millóns de anos.

As crises climáticas do Cuaternario - glaciacións e desertización - eliminaron de grandes áreas aquela flora, incapaz de adaptarse ós rápidos cambios. Na actualidade sobreviven reductos daquelas plantas antigas nos lugares que por unhas razóns ou outras quedaron alleos a estes cambios, tal é o caso do tramo final do río Eume no que se sospeita que o encaixado da súa orografía propiciou as condicións térmicas precisas para a supervivencia destes fieitos.

Máis de 170 especies diferentes conforman a fauna destas fragas. Entre as aves atopamos o azor e o gabián, ou rapaces nocturnas como a avelaiona, o bufo rapaz e o gran bufo real. O grupo dos mamíferos conta con excelentes poboacións de xabarís, corzos, cervos, londras, xinetas, martas e nas zonas máis agrestes e solitarias do parque, o lobo. Entre os anfibios achamos a píntega rabilonga, o sapo partero, o sapo corredor ou o tritón ibérico. Os reos, unha variedade da troita migradora, son moi abundantes no tramo final do río Eume e iso anima a centos de pescadores que ano tras ano tentan enganalos con cebos de moitas cores.

O tramo de río que abarca a partir do pantano do río Eume entre A Capela e Monfero ata a desembocadura entre Pontedeume e Cabanas, acolle paisaxes de gran beleza nas que o río discorre polo fondo dun profundo val. Nas súas paredes atrinchéiranse as árbores punteando de diferentes verdes practicamente tódolos recunchos do canón.

Augas arriba, dominan as paisaxes abertas de media montaña, máis humanizadas, nas que abundan as zonas de mato. Desde lugares como o Fontardión da Capela ou a mesma Serra de Sanguiñedo, en Monfero, pódense obeter panorámicas excelentes deste espazo protexido.

Páginas