Inicio

Máis de 110 postos daranse cita en Cabanas no Mercadillo de Santa Marta
  • Mércores, 19 Xullo 2017

Celebrarase do 27 ao 30 de xullo no paseo do piñeiral da Madalena

Cabanas, 19 de xullo de 2017. Máis de 110 postos de venda confirmaron a súa asistencia ó Mercadillo de Santa Marta que se celebrará no entorno do paseo da Madalena entre o xoves 27 e o domingo 30 de xullo. A cita, promovida polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Turismo, celebrarase unha edición máis coincidindo coa Romaría, a festa principal do municipio.

BANDO CONSUMO DE AUGA
  • Mércores, 19 Xullo 2017

DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)

FAI SABER:

Que por causa da seca que vimos padecendo nos últimos meses, de persistir esta situación, verémonos na obriga de realizar cortes no subministro, e por iso apelamos á responsabilidade de todos, rogando que se extremen as medidas de aforro, e se realice un uso responsable e solidario da auga potable, no que debe ter prioridade o consumo humano, evitando outros usos. É por ese motivo que se tomarán as seguintes medidas:

Páxinas