Inicio

Últimos días para anotarse como posto de venda no Mercadillo de Santa Marta
  • Venres, 07 Xullo 2017

Celebrarase do 27 ao 30 de xullo no paseo do piñeiral da Madalena, coincidindo coa tradicional Romaría de Santa Marta de Cabanas

Cabanas, 7 de xullo de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Turismo, informa de que o prazo para solicitar a participación no Mercadillo de Santa Marta está aberto. A feira celebrarase unha edición máis coincidindo coa Romaría, a festa principal do municipio, entre o xoves 27 e o domingo 30 de xullo.

Completada a instalación de estruturas para os colectores e acondicionamento do Camiño da Touza, entrada ó parque das Fragas
  • Xoves, 06 Xullo 2017

No seu conxunto, o Concello investiu preto de 40.000 euros para unha actuación que contou cunha achega da Consellería de Medio Ambiente

Cabanas, 06 de xullo de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate dos traballos de instalación de dez estruturas de madeira para cubrir os colectores de lixo no entorno do parque natural das Fragas do Eume e o acondicionamento do Camiño da Touza, unha das súas portas de entrada.

Páxinas