Inicio

As xornadas de divulgación do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar” continúan venres e domingo na Oficina de Turismo
  • Miércoles, 23 Agosto 2017

O Concello dará a coñecer o programa a veciños e visitantes

Cabanas, 23 de agosto de 2017. As xornadas de divulgación do proxecto estratéxico de turismo “Cabanas: A Fraga Feita Mar” continuarán este venres e domingo. Nesta ocasión, o Concello informará do programa na Oficina Municipal de Turismo a veciños e visitantes, pero tamén tentará coñecer a súa opinión e recabar as súas suxestións, buscando a súa implicación directa.

O Concello convoca un minuto de silencio para mostrar a súa enérxica repulsa polo atentando perpetrado en Barcelona
  • Viernes, 18 Agosto 2017

Invítase á veciñanza a secundar a iniciativa ante a consistorial ás 12 horas

Cabanas, 18 de agosto de 2017. O Concello de Cabanas amosa a súa enérxica repulsa ante o brutal atentado perpetrado onte na cidade de Barcelona, a súa solidariedade coas vítimas e coas súas familias e o seu apoio ós feridos que deixou tras de si este auténtico acto de barbarie.

“Conoce a O Parrulo” visita o noso municipio este venres e sábado
  • Jueves, 17 Agosto 2017

De 17 a 20 horas, haberá un futbolín humano inchable, unha portería de precisión para practicar puntería ou un photocall

Cabanas, 17 de agosto de 2017. O tour “Conoce a O Parrulo” chega esta fin de semana a Cabanas. Tanto o venres como o sábado, a caravana de “Conoce a O Parrulo” estará situada no Paseo da Madalena, cruce con Avenida Llanos (aproximadamente á altura do nº15), de 17 a 20 horas.

Páginas