Inicio

Vinte persoas participaron na ruta circular en Soaserra organizada polo Concello de Cabanas
  • Lunes, 31 Julio 2017

Cabanas, 31 de xullo de 2017. Vinte persoas tomaron parte o pasado sábado na ruta circular en Soaserra organizada pola Concellería de Deportes de Cabanas no marco do programa  municipal de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e arquitectónico do municipio. Un programa gratuíto que se vén celebrando con periodicidade mensual e que, nesta ocasión, coincidiu coa Romaría de Santa Marta.

Páginas