Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Organigrama

Corporación Local: Órganos de Goberno

A Alcaldía

O principal órgano de goberno e xestión municipal é a Alcaldía, onde se centralizan as decisións políticas que afectan ó desenvolvemento diario do municipio e dos seus habitantes. Xa que resulta fundamental o poder coñecer o funcionamento e composición da corporación municipal, aquí poderás atopar as responsabilidades políticas de cada uno dos/das concelleiros/as electos/as que compoñen a presente lexislatura.

A Corporación Municipal

A Corporación Municipal de Cabanas está integrada, dende as pasadas eleccións democráticas celebradas o 24 de maio de 2015, por cinco formacións políticas (Partido Popular, Partido dos Socialistas de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, Agrupación de Electores de Cabanas e Participación Democrática Directa de Galicia) que están a representar e defender os dereitos e intereses públicos dos máis de 3.000 veciños e veciñas que residen no municipio.

Esta corporación está constituída por 11 concelleiros, incluído o alcalde. O partido político máis votado, o Partido Popular, con 5 concelleiros, forma equipo de goberno en solitario, estando ó fronte o alcalde Germán Castrillón Permuy.

Na oposición atópanse o resto de formacións políticas: Partido dos Socialistas de Galicia con 3 edís, Bloque Nacionalista Galego con 1 edil, Agrupación de Electores de Cabanas con 1 edil e Participación Democrática Directa de Galicia con 1 edil.