Noticias

Unha unidade móbil da ITV desprázase mércores e xoves a Cabanas para realizar as inspeccións dos vehículos agrícolas
  • Lunes, 21 Noviembre 2016

O Concello informa de que as persoas interesados no servizo poden solicitar cita previa por teléfono ou web

Cabanas, 21 de novembro de 2016. O Concello de Cabanas informa de que unha unidade móbil da ITV se desprazará este mércores e xoves ó municipio para que os propietarios de vehículos agrícolas poidan realizan as correspondentes inspeccións técnicas sen necesidade de moverse de Cabanas.

O Concello finaliza as obras de conexión da rede de alcantarillado dende a área recreativa da Veiga ata o núcleo de Batán
  • Lunes, 21 Noviembre 2016

Procedeuse á construción dun colector de gravidade para canalizar as residuais ata a rede de saneamento, co que se evitan os verquidos non tratados ó medio natural

A actuación contou cun orzamento superior ós 73.000 euros

Cabanas, 21 de novembro de 2016. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate da primeira fase das obras da conexión da rede de alcantarillado dende a área recreativa da Veiga ata Batán.

O Concello de Cabanas conclúe os traballos de acondicionamento da rúa da Fonte
  • Lunes, 14 Noviembre 2016

A intervención no vial, ubicado no entorno da casa consistorial, contou cun orzamento superior ós 46.200 euros

Cabanas, 14 de novembro de 2016. Cumplindo cos prazos marcados, o Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de pavimentación na rúa da Fonte, ubicada entorno do consistorio. A intervención contou cun orzamento de 46.239,59 euros e incluiuse no paquete de obras presentados ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación provincial da Coruña.

A casa consistorial acolle este xoves a última reunión veciñal sobre os orzamentos
  • Miércoles, 09 Noviembre 2016

A convocatoria do Concello comezará a partir das 20 horas

Cabanas, 9 de novembro de 2016. O Concello de Cabanas pechará mañá xoves, 10 de novembro, o calendario de reunións veciñais organizadas para recabar as propostas dos veciños e veciñas para os orzamentos do vindeiro ano 2017. E farao na casa consistorial, nunha xuntanza que dará comezo ás 20 horas.

Nova xuntanza este luns no local social do CCRD San Martín do Porto para recabar as propostas veciñais ós orzamentos
  • Viernes, 04 Noviembre 2016

A convocatoria do Concello comezará a partir das 20 horas

Cabanas, 4 de novembro de 2016. O Concello de Cabanas celebrará o vindeiro luns, 7 de novembro, unha nova reunión para recabar as propostas da veciñanza para os orzamentos do próximo ano 2017. Nesta ocasión, terá lugar no local social do CCRD San Martín do Porto e, como en convocatorias pasadas, dará comezo ás 20 horas.

Páginas