Noticias

Vinte persoas participaron na ruta circular en Soaserra organizada polo Concello de Cabanas
  • Lunes, 31 Julio 2017

Cabanas, 31 de xullo de 2017. Vinte persoas tomaron parte o pasado sábado na ruta circular en Soaserra organizada pola Concellería de Deportes de Cabanas no marco do programa  municipal de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e arquitectónico do municipio. Un programa gratuíto que se vén celebrando con periodicidade mensual e que, nesta ocasión, coincidiu coa Romaría de Santa Marta.

Cabanas inaugura este xoves o seu Mercadillo de Santa Marta no paseo da Madalena
  • Miércoles, 26 Julio 2017

Máis de 110 postos daranse cita no municipio ata o vindeiro domingo

Cabanas, 26 de xullo de 2017. A Romaría de Santa Marta de Cabanas arranca mañá xoves, 27 de xullo, coa inauguración do Mercadillo que leva o seu nome. Máis de 110 postos daranse cita no paseo da Madalena para ofrecer os seus produtos a veciños e visitantes. Alí estarán, en horario de 10 a 22 horas ata o domingo, 30 de xullo, xornada de clausura dos festexos.

Páginas