Vinte persoas participaron na ruta circular en Soaserra organizada polo Concello de Cabanas

Gallego

Cabanas, 31 de xullo de 2017. Vinte persoas tomaron parte o pasado sábado na ruta circular en Soaserra organizada pola Concellería de Deportes de Cabanas no marco do programa  municipal de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e arquitectónico do municipio. Un programa gratuíto que se vén celebrando con periodicidade mensual e que, nesta ocasión, coincidiu coa Romaría de Santa Marta.

Partía do igrexario de Soaserra e, os participantes, cubrían un percorrido duns 10 kms pola parte alta de Soaserra ata adentrarse nas Fragas do Eume. Punto éste de retorno ó templo. 

Image: 
Tags: