I Concurso de Fotografía "Celebra connosco o XX aniversario do Parque Natural das Fragas do Eume"

Gallego

As persoas interesadas poden participar ata o 21 de xullo

Cabanas, 6 de xullo de 2017. A Dirección xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia promove o concurso de fotografía "Celebra connosco o XX aniversario do Parque Natural das Fragas do Eume". Con el, busca promocionar o patrimonio natural e cultural do Parque Natural das Fragas do Eume, con motivo do seu 20 aniversario, e a difusión destes elementos a través de Facebook, xerando visitas cara a páxina www.facebook.com/GaliciaNaturaleUnica e a App do concurso instalada en esta.

As fotografías só poden ser do parque natural e haberá seis premios: tres serán aqueles usuarios que consigan máis votos e outros tres elixidos polo xurado. Estes consistirán en 6 visitas guiadas nos Parques Naturais de Galicia. Unha por premiado.

Poderase participar ata o 21 de xullo e, nun máximo de 72 horas desde a finalización da iniciativa, publicaranse os gañadores na páxina de facebook de "Galicia natural e única"

Poderán participar todas aquelas persoas físicas, maiores de 18 años de idade e residentes en España. Así mesmo, as bases establecen que, en primeiro lugar, as persoas que queiran participar, deberán enviar a fotografía (indicando o seu título) ao correo galicianaturaleunica@gmail.com, xunto o seu nome, apelidos e un teléfono de contacto.

Unha vez feito isto, a organización subirá a fotografía de forma automática á app do concurso, onde se poderán visualizar e votar todas as imaxes. Enviando o correo de participación están aceptando as bases legais do concurso.

 

Image: 
Tags: