Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas celebra a 106 Feira do 21

Gallego

O Concello fai un chamamento ós comerciantes para que tomen parte no aniversario instalando os seus postos, sen custe económico

Cabanas, 16 de xuño de 2017. Cabanas celebrará o próximo mércores 21 o 106 aniversario da súa tradicional Feira do 21. E, para festexalo, veciños e visitantes, ademais de facer as súas compras nos postos de venda, poderán tomar parte nun xantar popular cuxos tickets poden mercar xa na propia casa consistorial de luns a venres de 9 a 14 horas. Hai dous menús: o primeiro inclúe unha ración de pulpo, pan e dúas copas de viño, así como café e bola e o prezo é de 12 euros, namentras que o segundo engade tamén media ración de churrasco e o prezo é de 15 euros.

Así mesmo, a Concellería de Cultura e Turismo fai un chamamento ós comerciantes para que acudan á cita e instalen os seus postos sen custe económico nesta xornada.

Como é habitual, a Feira do 21 contará cos postos de venda de produtos da horta, utensilios de labranza, cestería e outros, que permanecerán fieis nas inmediacións da praia da Madalena durante toda a mañá.