O Concello invita a veciñanza e visitantes a participar na Ruta Circular dos Petroglifos

Gallego

As persoas interesadas deben anotarse na Concellería de Deportes –na casa consistorial- ou nos teléfonos 981 49 59 59 ext. 3 ou 674 25 88 12

Cabanas, 15 de xuño de 2017. O Concello continúa dando a coñecer Cabanas a través das súas rutas de sendeirismo. Así, a próxima celebrarase o vindeiro 25 de xuño e, aínda que é completamente gratuíta, para tomar parte é preciso anotarse. Trátase da Ruta Circular dos Petroglifos e o punto de encontro está fixado para as 9,30 horas na casa consistorial ou ás 10 horas no local social de Santa Cruz.

Dende este último punto, e baixo as directrices dun guía, os excursionistas camiñarán por sendeiros de monte ata o lugar de Manxarín para, bordeando o concello veciño de Fene, chegar á parroquia de Fontenova. Será este o punto de retorno cara Santa Cruz. Parroquia na que os participantes na andaina poderán observar restos arqueolóxicos de gran valor.

Entre saída e chegada median uns 11 quilómetros con itinerario de dificultade leve-moderada e a recomendación do Concello é levar roupa e calzado cómodo. As persoas interesadas en participar deben anotarse na casa consistorial – departamento municipal de Deportes- ou chamar ós teléfonos 981 49 59 59 ext. 3 ou 674 25 88 12.

Image: