Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

A unidade móbil de doazón de sangue visita Cabanas este sábado

Gallego

De 10 a 15 horas, estará no estacionamento ubicado fronte á farmacia

Cabanas, 18 de maio de 2017. O Concello de Cabanas informa á veciñanza que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase este sábado, 20 de maio, ó municipio, onde permanecerá entre as 10 e as 15 horas, no estacionamento ubicado fronte á farmacia. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á cidadanía e garantir así as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida. Por último, o Concello agradece a colaboración e solidariedade da veciñanza de Cabanas.

 

 

Tags: