A ruta Irís-Santa Cruz que promove o Concello trasládase ó vindeiro domingo 28

Gallego

A Concellería de Deportes sinala que a actividade será gratuíta e os interesados en tomar parte non precisan de inscrición

Cabanas, 17 de maio de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a ruta de sendeirismo Irís-Santa Cruz celebrarase finalmente o domingo 28 de maio. Inicialmente estaba prevista para este domingo, pero cuestións de forza maior obrigaron ó Concello a aplazala unha semana.

Con ela inaugurarase o 28 o programa de rutas de sendeirismo que tradicionalmente promove o Concello para dar a coñecer e disfrutar do entorno natural do municipio. Partirá ás 10 horas da igrexa parroquial de Santo Estevo de Irís, e discurrirá polas parroquias de Irís e Santa Cruz. Non é preciso inscrición previa e é gratuíta.