Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas acolle este sábado as II Xornadas de Iniciación ó Fútbol Gaélico

Gallego

Organizadas polo Colectivo Terra, celebraranse no campo da Veiga

Cabanas, 12 de maio de 2017. O Concello de Cabanas acollerá mañá sábado, 13 de maio, as II Xornadas de Iniciación ó Fútbol Gaélico, organizadas polo Colectivo Terra en colaboración coa Concellería de Deportes, que cede as instalacións do campo de fútbol-7 da Veiga. Darán comezo ás 17 horas e, con elas, os promotores buscan dar a coñecer este deporte de recente implantación en Galicia de cara a crear un equipo en tomar parte a vindeira tempada na Liga Gallaecia, a liga de fútbol gaélico mixto.

O fútbol gaélico é o deporte rei en Irlanda e, pouco a pouco, está a coller forza en Galicia, sumando novos deportistas. As de Cabanas serán as segundas xornadas, despois de que o Colectivo Terra realizase as primeiras en Pontedeume o pasado mes de marzo. Están abertas a homes e mulleres que desexen coñecer ou practicar este deporte.

Tags: