Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello procede á retirada das árbores do piñeiral danadas polos temporais

Gallego

A memoria técnica conclúe que as escasas choivas, dificultando o agarre das raíces na area, están detrás do derrube dos exemplares

O Concello busca financiación para levar a cabo un ambicioso proxecto para a plantación de especies autóctonas adaptadas ó entorno

Cabanas, 12 de maio de 2017. As escasas choivas rexistradas este ano están detrás do alto número de árbores derribadas polos últimos temporais no piñeiral da Madalena. Así o constata o informe técnico elaborado polo Concello para avaliar os danos e darlle solución. A sequía dificulta o agarre das raíces na area sobre a que se asentan as árbores, facéndoas máis vulnerables fronte as rachas de vento, ó que se suma como factor de risco a antigüidade dalgúns exemplares, que rebasan o século de vida, algo pouco común en especies como os piñeiros. Nestes días, unha empresa contratada polo Concello está a retirar as árbores derribadas no último temporal. O cambio no proceso de contratación dilatou as labores, xa que ata a data o Concello procedía a unha contratación directa co ánimo de axilizar a resposta.

Nesta ocasión, e atendendo ás peticións realizadas dende os grupos da oposición, optouse pola invitación a empresas. Foron sete as cursadas. Dúas non presentaron oferta e, entre as outras cinco, a máis ventaxosa dende o punto de vista técnico foi a de Diseraux. Retirará ás árbores danadas, triturará in situ os tocóns, favorecendo que os restos actúen como abono, e desbrozará o piñeiral e, tamén, outros espazos do municipio como o campo de fútbol, o aparcadoiro do paseo e a rotonda da Nacional. E, en lugar de recibir unha contraprestación económica, quedarase coa madeira que retire do piñeiral.

Plantación, proxecto Seitura 22

Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, avanza a intención de levar a cabo unha plantación de especies máis adaptados ó entorno, autóctonas e que permitan garantir a seguridade na zona. Para iso, vén de presentar un proxecto a Seitura 22 de cara a obter financiación e lograr un custe mínimo para as arcas municipais. O obxectivo, conclúe o rexidor, non é outro que avanzar no compromiso de mantenemento e posta en valor do piñeiral para ocio e disfrute de veciños e visitantes.

 

 

Image: