Entrega de premios de “Tapeando Cabanas”

Galego

O comedor de La Solana, establecemento máis votado polos clientes da ruta das tapas, acolleu a entrega de agasallos onte á tarde

Cabanas, 20 de abril de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, entregou onte á tarde ós irmáns Francisco e Juan Carlos Carpente, propietarios do restaurante La Solana, a placa que acredita ó seu local como o gañador da mellor proposta culinaria da segunda edición de “Tapeando Cabanas”. Así o decidiron os veciños e visitantes que degustaron as tapas dos establecementos participantes, que se decantaron pola tosta de froitas do mar con verduriñas de La Solana. Iso si, nunha votación moi reñida.

Precisamente, o comedor de La Solana acollía onte á tarde o acto de entrega da placa e, tamén, dos agasallos que se sortearon entre os clientes que selaron a tarxeta do certame. Un acto no que tomaron parte os hosteleiros e, tamén, os concelleiros de Turismo, Esperanza Gayoso; Xuventude, Javier Fernández, e Obras, Manuel González.

Así, a estancia nun balneario foi para Montse Fernández Domínguez, e as  entradas para un espectáculo no Teatro Jofre, para Severino García Pérez.

No caso dos premios cedidos polos locais, os agraciados foron: Fernando Bouza -2 botellas de viño do Café Bar Yellow-; Isabel Cal Otero –unha cea para dúas persoas no Restaurante La Solana-; Ludi Rodríguez Lozán –unha cea para dúas persoas en A Estrela do Eume-; José Ramón Sabín Cortés –unha cea para dúas persoas no Café La Encina-; Francisco Álvarez –unha cea para dúas persoas en Casa Campos-; Antonia Borrego Blázquez –unha cea para dúas persoas en BK22-; Carlos Alberto Ares Guerra –3 botellas de viño de O Mesón de Cabanas-; Laura Salgado Naveiras -3 botellas de viño de Vinoteca O Gaiteiro-; María Luisa García-Bernalt Alonso –unha cea para dúas persoas no Chiringuito Os Pinares-; Laura Vizoso Armada –unha cea para dúas persoas en O Chiringuito-; Juanjo López Vidal –unha merenda para catro persoas na Churrería Las Vegas-, e Gonzalo Gómez Prego –unha estancia dunha noite en habitación dobre en réxime de aloxamento e almorzo no Hotel Apartamentos Sarga-.

 

Image: 
Tags: