Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello de Cabanas dota ó parque do Areal de aseos públicos

Galego

As instalacións, que se puxeron en servizo en Semana Santa, permanecerán abertas de forma permanente de 10 a 20 horas

Cabanas, 19 de abril de 2017. O Concello de Cabanas vén de dotar ó parque do Areal, un dos máis concorridos do municipio, de aseos públicos. A súa instalación foi posible grazas a unha achega do Plan de Acción Social da Deputación, coa que tamén se financiou a adquisición dunha cuberta de madeira tratada para a zona.

En Semana Santa, o Concello poñía en servizo os aseos e, a partir dagora, permanecerán abertos de forma permanente todos os días da semana de 10 a 20 horas.

Tags: