Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello deseña o programa “Cabanas coa igualdade de xénero”

Galego

O alcalde, Germán Castrillón, reuniuse coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, para darlle conta do proxecto e recabar o apoio da Xunta

Cabanas, 18 de abril de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, desprazouse a Santiago para manter unha xuntanza de traballo coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a fin de expoñerlle o novo programa deseñado polo Concello: “Cabanas coa igualdade de xénero”. Un ambicioso proxecto que, lonxe de accións puntuais, pretende estender de maneira transversal estes principios a todos os ámbitos do municipio. De aí que estea dirixido a veciños e veciñas de todas as idades, dende os cero anos en adiante. Así mesmo, desenvolverase en diferentes espazos como o Punto de Atención á Infancia (PAI), a residencia de persoas maiores de Laraxe ou as escolas  municipais de música e baile. Nesta liña, o alcalde explicou que na reunión coa secretaria xeral planteoulle a posibilidade de que a Xunta tome parte no proxecto, apoiando economicamente a iniciativa. Cuestión que López Abella se comprometeu a estudar tras acoller moi positivamente o programa.

“Cabanas coa igualdade de xénero” contempla diferentes actuacións. Entre elas, e en consenso coa dirección e o equipo docente do CEIP Eladia Mariño, obradoiros de coeducación, corresponsabilidade e sensibilización respecto ó envellecemento e á diversidade funcional. Tamén un obradoiro de cociña e reparto de tarefas en igualdade no transcurso de “Mencer”, o programa de almorzos saudables no centro.

Encontros interxeneracionais entre as persoas maiores da residencia de Laraxe e nenos e nenas ou rutas de sendeirismo compartidas entre as persoas participantes do programa “Envellecemento activo” e os seus familiares máis novos son outras das actividades, así como a creación de coreografías sobre a igualdade por parte dos alumnos e alumnas das Escolas municipais de Baile e Música ou daqueles que acuden ás actividades extraescolares.

Así mesmo, e no ámbito deportivo, o proxecto tamén contempla carreiras pola igualdade tanto nos campamentos de verán como abertas á veciñanza e visitantes no areal da Madalena.

Image: 
Tags: