A tosta de froitas do mar de La Solana, elixida a mellor tapa de “Tapeando Cabanas”

Gallego

A votación entre a clientela da ruta promovida por Concello e sector estivo moi reñida e os postos decidíronse por escasos votos

Montse Fernández resultou agraciada cunha estancia nun balneario, Severino García con entradas para o Teatro Jofre e outros doce clientes, con diferentes premios como ceas ou lotes de botellas de viño

Cabanas, 17 de abril de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, deu conta esta mañá do resultado do reconto dos votos dos clientes que degustaron as propostas de “Tapeando Cabanas” e selaron as tarxetas para elixir a mellor tapa. Así, a tosta de froitas do mar con verduriñas de La Solana resultou a gañadora da segunda edición da ruta gastronómica impulsada polo Concello en colaboración co sector. Iso si, a votación estivo moi reñida e os postos neste particular ránking decidíronse por un escaso marxe de votos. A entrega da placa ao establecemento que o acredita como gañador do certame terá lugar este mércores, 19 de abril, ás 17 horas no mesmo local.

Así mesmo, o Concello tamén procedeu ó sorteo dos agasallos entre os veciños e visitantes que selaron as súas tarxetas. Había dúas posibilidades: optar a unha estancia nun balneario e a dúas entradas para un espectáculo no Teatro Jofre, para o que había que degustar todas e cada unha das tapas, ou participar no sorteo de diferentes premios cedidos polos establecementos colaboradores, para o que era preciso probar cinco tapas. No primeiro caso, a gañadora da estancia foi Montse Fernández Domínguez e, as entradas, foron para Severino García Pérez.

No caso dos premios cedidos polos locais, os agraciados foron: Fernando Bouza -2 botellas de viño do Café Bar Yellow-; Isabel Cal Otero –unha cea para dúas persoas no Restaurante La Solana-; Ludi Rodríguez Lozán –unha cea para dúas persoas en A Estrela do Eume-; José Ramón Sabín Cortés –unha cea para dúas persoas no Café La Encina-; Francisco Álvarez –unha cea para dúas persoas en Casa Campos-; Antonia Borrego Blázquez –unha cea para dúas persoas en BK22-; Carlos Alberto Ares Guerra –3 botellas de viño de O Mesón de Cabanas-; Laura Salgado Naveiras -3 botellas de viño de Vinoteca O Gaiteiro-; María Luisa García-Bernalt Alonso –unha cea para dúas persoas no Chiringuito Os Pinares-; Laura Vizoso Armada –unha cea para dúas persoas en O Chiringuito-; Juanjo López Vidal –unha merenda para catro persoas na Churrería Las Vegas-, e Gonzalo Gómez Prego –unha estancia dunha noite en habitación dobre en réxime de aloxamento e almorzo no Hotel Apartamentos Sarga-.

Tags: