Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello de Cabanas adquire unha grúa destinada ó programa de préstamo de recursos para persoas dependentes

Galego

O alcalde, Germán Castrillón, explica que a compra se financiou cos fondos recadados pola Concellería de Servizos Sociais no Xantar Solidario

Cabanas, 13 de abril de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá de que o Concello de Cabanas vén de adquirir unha grúa para mobilizar a persoas dependentes coa maior seguridade e menor risco de lesións para o enfermo e para os seus coidadores. A grúa, con capacidade para elevar ata 150 kgs, incorpórase así ó programa de préstamo de recursos para persoas dependentes que xestiona o departamento municipal de Servizos Sociais e, a día de hoxe, xa foi trasladada a un domicilio que precisaba deste recurso.

O rexidor explicou que a adquisición foi posible grazas á solidariedade dos veciños e veciñas de Cabanas, xa que se financiou cos fondos recadados no Xantar Solidario celebrado hai unhas semanas a iniciativa do Concello.

A grúa facilitará, sen dúbida, a calidade de vida tanto das persoas dependentes como dos seus coidadores e axudará a previr problemas de saúde en ambos. O obxectivo que persegue o Concello.

 

Image: