Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O grupo de teatro Licor Café, Club KDM Cabanas e Escola de Grappling, galardoados na Gala do Deporte e da Cultura de Cabanas

Gallego

No transcurso da mesma, o Concello rendiu homenaxe ó desaparecido Real Club Deportivo Regüela, equipo histórico do municipio

Unha das fillas do cantautor Andrés do Barro, moi vencellado a Cabanas, recolleu a distinción ó seu pai na gala, na que se lembrou a súa figura e éxitos musicais

Cabanas, 08 de abril de 2017. Nun salón de plenos abarrotado, celebrouse onte á tarde a IX Gala da Cultura e do Deporte de Cabanas. O grupo de Teatro Licor Café resultou galardoado co primeiro premio e diploma de honra do Concello no ámbito da Cultura, namentras que o Club Cabanas KDM e a Escola de Grappling e MMA Graíño Team Laraxe recibiron o primeiro e segundo premio respectivamente na categoría deportiva. Todos eles agradeceron o recoñecemento dos seus veciños e veciñas e compartiron o aplauso unánime do auditorio.

O alcalde, Germán Castrillón, destacou os méritos e labor dos premiados, dos que salientou a súa capacidade de traballo, entrega e sacrificio. Resaltou a proxección que brindan a Cabanas dende os seus respectivos ámbitos e mostrou o compromiso do Concello por continuar cos actos como o de onte, cos que se pon en valor publicamente esa labor que realizan a favor do municipio.

A través de diferentes vídeos, repasouse a traxectoria dos premiados para, a continuación, dar paso ó capítulo de mencións especiais e homenaxes. No eido deportivo, lembrouse a un equipo de fútbol histórico de Cabanas, hoxe desaparecido, como é o Real Club Deportivo Regüela. Contouse coa testemuña de antigos xogadores e repasouse a través de imaxes da época a súa traxectoria. Neste senso, a concelleira de Cultura, Esperanza Gayoso, agradeceu a colaboración de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, que cederon diverso material para facer posible este sentido tributo.

Así mesmo, outro dos momentos máis emotivos da gala, viviuse coa homenaxe ó cantautor Andrés do Barro, moi vencellado a Cabanas dende a súa infancia. Unha homenaxe na que non faltaron os seus grandes éxitos musicais e no que se repasou a súa especial vinculación co municipio. O alcalde agradeceu a asistencia da familia, representada nunha das súas fillas, chegada de Madrid, así como do profesor Fernando Fernández Rego, biógrafo do artista e quen cedeu tamén moito do material visual exhibido onte. Ó respecto, Germán Castrillón lembrou que Cabanas declaraba este 2017 como Ano de Andrés do Barro e salientou o espazo que o cantautor ocupa na vida, lembranzas e corazón dos cabaneses. Incluso das xeracións máis novas, como constataron os nenos e nenas do CEIP Eladia Mariño hai unhas semanas, adicándolle o seu programa de Radio Cabanas ó xenial artista.

Unha velada de recoñecementos e emocións que tamén contou coa asistencia do delegado territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, e do secretario xeral da Consellería de Presidencia, Manuel Galdo, así como das Medallas de Ouro de Cabanas, José Ignacio Paz Bouza e Emilio Balado Cordal.

 

Image: