Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Última fin de semana para disfrutar das propostas de “Tapeando Cabanas”

Gallego

Os establecementos participantes ofrecen este venres, sábado e domingo, en horario de cociña, os seus saborosos pinchos

Cabanas, 07 de abril de 2017. Cuarto e último fin de semana de “Tapeando Cabanas”, a ruta do pincho que promove o Concello a través da Concellería de Turismo e en colaboración co sector. Unha iniciativa que, dende o pasado mes de marzo, permite a veciños e visitantes disfrutar do municipio e, ó mesmo tempo, de suculentas propostas gastronómicas. Así, aqueles que non as probasen ata o momento ou aqueles que queiran repetir, teñen unha oportunidade este venres, sábado e domingo. En horario de cociña, A Estrela do Eume, BK22, Casa Campos, La Encina, La Solana, O Gaiteiro, O Mesón de Cabanas e Yellow ofrecerán os seus pinchos con cada consumición e ao prezo de 1,50 euros.

Así mesmo, os clientes serán os encargados de elixir o mellor pincho e, para isto, deberán cubrir una papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un dos espectáculos da programación do Teatro Jofre.

A degustar:

A Estrela do Eume: Tosta da Terriña (cachelos, lacón e polbo en pan de millo gratinado con queixo San Simón)

BK22: O meu segredo ós 3 queixos con milfollas de cabaciña e patacas da avoa

Casa Campos: Rabo de touro con cogomelos e crocante de queixo da Capela

La Encina: Cocido con crocante de grelo

La Solana: Tosta de froitos do mar con verduriñas

O Gaiteiro: Sardiña marinada con pisto caseiro.

O Mesón de Cabanas: Xamón asado con salsa de champiñóns e puré de pataca

Yellow: Tosta de roxóns con queixo do país da Capela

Tags: