Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas recoñece ós seus veciños máis destacados no ámbito da cultura e do deporte na súa gala anual

Gallego

O Concello invita á veciñanza a tomar parte mañá venres nesta cita, que se celebrará no salón de plenos da casa consistorial a partir das 20 horas

Cabanas, 06 de abril de 2017. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas acollerá mañá venres, 7 de abril, a Gala Anual da Cultura e do Deporte. Organizada polo Concello, invítase a toda a veciñanza a tomar parte na mesma a partir das 20 horas.

A cita alcanza a súa novena edición e, nesta ocasión, o xurado acordou recoñecer ó grupo de teatro Licor Café coa máxima distinción no ámbito cultural, namentras que no deportivo a Escola de Grappling e MMA Graíño Team Laraxe recibirá o segundo premio e, o Club Cabanas KDM, o primeiro. Recoñécense así o traballo, méritos e éxitos destas tres entidades ó longo do 2016.

Así mesmo, no transcurso da Gala Anual, que estará conducida pola técnica de Cultura, María José López, e na que intervirán a concelleira de área, Esperanza Gayoso, e o alcalde, Germán Castrillón, rendirase homenaxe ó Real Club Deportivo Regüela, desaparecido equipo histórico do municipio que tivo os seus anos de gloria na década dos 50, 60 e 70, e ó cantautor Andrés do Barro, cando se cumpren 70 anos do seu nacemento. Un tributo ó que acudirán as fillas do artista.

Tags: