Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello de Cabanas celebra a súa festa da Cultura e do Deporte

Gallego

O Grupo de Teatro Licor Café, Club Cabanas KDM e Escola de Grappling e MMA Graíño team Laraxe serán os galardoados nesta cita, este venres

O alcalde, Germán Castrillón, avanza que na gala se rendirá homenaxe ó cantautor Andrés do Barro e ó antigo Real Club Deportivo Regüela

Cabanas, 03 de abril de 2017. O Concello de Cabanas celebrará este venres, 7 de abril, unha nova edición da súa Gala Anual do Deporte e da Cultura. A novena xa. Unha cita para recoñecer e pór en valor o labor, traballo e méritos de asociacións e veciños do municipio no ámbito da cultura e do deporte á que están convidados todos os cabaneses. Terá lugar no salón de plenos da casa consistorial, a partir das 20 horas, con entrada libre e gratuíta.

Nesta ocasión, e no eido da Cultura, será o Grupo de Teatro Licor Café o galardoado co primeiro premio e diploma de honra do Concello polo seu compromiso coa escea, namentras que o Club Cabanas KDM e a Escola de Grappling e MMA Graíño team Laraxe recibirán o primeiro e segundo premio respectivamente na categoría deportiva. Tanto pola promoción que realizan do deporte coma do propio municipio, así como pola súa traxectoria e méritos dos seus integrantes.

Así mesmo, o alcalde, Germán Castrillón, avanza que, coincidindo co 70 aniversario do nacemento do cantautor Andrés do Barro, moi querido en Cabanas pola súa especial vinculación con esta terra, o Concello rendiralle unha sentida homenaxe no transcurso da gala. Tamén se lembrará a historia do Real Club Deportivo Regüela, equipo local que durante tres décadas –dos 50 ós 70- fixo vibrar á afección de Cabanas co seu xogo.

Por último, o Concello invita á veciñanza a sumarse ó acto e acudir este venres, 7 de abril, á Gala do Deporte e da Cultura.

Image: