Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Nova oportunidade esta fin de semana para disfrutar do municipio tapeando

Gallego

Concello e sector hosteleiro promoven a ruta do pincho de Cabanas

Oito establecementos ofrecen as súas mellores tapas este venres, sábado e domingo en horario de cociña

Cabanas, 30 de marzo de 2017. “Tapeando Cabanas” chega mañá ó seu terceiro fin de semana. É a ruta do pincho que por segundo ano consecutivo promoven o Concello a través da Concellería de Turismo e o sector hosteleiro. Unha boa oportunidade para disfrutar do municipio e, ó mesmo tempo, saborear as mellores tapas dos establecementos participantes: Estrela do Eume, BK22, Casa Campos, La Encina, La Solana, O Gaiteiro, O Mesón de Cabanas e Yellow. Todos eles, en horario de cociña, ofrecerán as súas propostas culinarias venres, sábado e domingo, ó prezo de 1,5 euros.

Así mesmo, os clientes poden elixir o mellor pincho, cubrindo unha papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un dos espectáculos da programación do Teatro Jofre.

“Tapeando Cabanas” continuará ata o 9 de abril –os venres, sábados e domingos-.

As propostas:

A Estrela do Eume: Tosta da Terriña (cachelos, lacón e polbo en pan de millo gratinado con queixo San Simón)

BK22: O meu segredo ós 3 queixos con milfollas de cabaciña e patacas da avoa

Casa Campos: Rabo de touro con cogomelos e crocante de queixo da Capela

La Encina: Cocido con crocante de grelo

La Solana: Tosta de froitos do mar con verduriñas

O Gaiteiro: Sardiña marinada con pisto caseiro.

O Mesón de Cabanas: Xamón asado con salsa de champiñóns e puré de pataca

Yellow: Tosta de roxóns con queixo do país da Capela

Tags: