Veciñanza e Concello de Cabanas instalan un centenar de trampas contra a velutina na ruta de sendeirismo celebrada este domingo

Gallego

No percorrido tomaron parte  máis de 30 persoas de todas as idades

Cabanas, 20 de marzo de 2017. Máis de 30 persoas de diferentes idades –rapaces e adultos- tomaron parte o pasado domingo na ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos. O obxectivo era claro: aprender máis sobre a vespa velutina; instalar trampas contra esta especie invasora, e disfrutar ó tempo dos incribles paraxes naturais do municipio.

E obxectivo cumplido, xa que os participantes foron quen de colocar ata un centenar de trampas nun percorrido que discurriu polas parroquias de Cabanas e San Martiño do Porto. A concelleira de área, Eva García, valorou moi positivamente a experiencia e avanzou a organización de novas rutas.

Nas mesmas, ubicaranse o resto das trampas elaboradas, ata 350, nos talleres convocados durante as últimas semanas polo Concello para a fabricación destes medios a partir das botellas recollidas nunha campaña especial no CEIP Eladia Mariño.

Image: 
Tags: