Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Ruta este domingo por Cabanas para colocar as trampas elaboradas contra a velutina

Galego

Organizada pola Concellería de Servizos, partirá ás 10 h da consistorial

A bióloga Eva Pico impartiu esta semana unha charla didáctica sobre esta especie invasora para os escolares de Primaria no CEIP Eladia Mariño

Cabanas, 16 de marzo de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos que dirixe Eva García, invita a veciños e veciñas a sumarse este domingo, 19 de marzo, á ruta de sendeirismo polo municipio que organiza para colocar as preto de 350 trampas contra a vespa velutina elaboradas durante as pasadas semanas.

Unhas trampas realizadas a partir das botellas recollidas no CEIP Eladia Mariño grazas á colaboración da comunidade educativa e fabricadas en diferentes xuntanzas veciñais convocadas os sábados na antiga consistorial.

Agora chega o momento de colocalas e, para iso, a Concellería promove esta ruta, que partirá da casa consistorial ás 10 horas e discurrirá principalmente polas parroquias de Cabanas e San Martiño. Estímase que a duración do percorrido ronde as catro horas e recoméndase levar calzado cómodo para cubrir os 10 quilómetros previstos.

Charla didáctica no CEIP

No marco da mesma campaña contra a vespa velutina, convidada polo Concello, a bióloga Eva Pico ofreceu o pasado martes unha charla didáctica sobre esta especie invasora no CEIP Eladia Mariño. Nela, participou o alumnado de Educación Primaria.

 

Image: