Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello invita á veciñanza a sumarse a unha ruta polo municipio para colocar as trampas elaboradas contra a vespa velutina

Galego

Celebrarase este domingo, 19 de marzo, e as persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse no teléfono 627 950 682 ata o xoves

A Concellería de Servizos tamén organiza mañá unha charla didáctica sobre este tema para os escolares de Primaria no CEIP Eladia Mariño

Cabanas, 13 de marzo de 2017. No marco da campaña contra a vespa velutina deseñada polo Concello, a través da Concellería de Servizos, este domingo organizarase unha ruta de sendeirismo para a colocación das preto de 350 trampas elaboradas nos talleres veciñais celebrados nas últimas semanas. Aberta á participación de todo o mundo, partirá da casa consistorial ás 10 horas e o percorrido, de dez quilómetros, discurrirá principalmente polas parroquias de Cabanas e San Martiño. O tempo estimado de duración da ruta é de catro horas, e recoméndase levar calzado cómodo e auga. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente –ata o xoves ás 14 h- chamando ó teléfono 627 950 682.

Así mesmo, a Concellería de Servizos celebrará mañá martes, 14 de marzo, unha charla didáctica sobre esta especie invasora. Será no CEIP Eladia Mariño, cuxa comunidade educativa se ten implicado activamente na campaña coa recollida de botellas para a fabricación das trampas. A charla está dirixida ó alumnado de Educación Primaria e principiará ás 12 horas.

Tags: