Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Máis de 180 persoas danse cita no IV Xantar Solidario de Cabanas e homenaxean á súa veciña María Dolores Cabana Díaz

Gallego

O acto estivo incluído na conmemoración do Día da Muller Traballadora

Cabanas, 12 de marzo de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, agradeceu a resposta da veciñanza ó Xantar Solidario organizado este mediodía polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais. Un xantar no que tomaron parte máis de 180 persoas e que se celebrou no local da SCRD San Mamede de Laraxe.

No transcurso do mesmo, rendiuse homenaxe a María Dolores Cabana Díaz, “Maruja”, unha das veciñas do municipio que, pasados os oitenta anos, adicou toda a súa vida ó traballo, dentro e fóra da casa, e que aínda hoxe se mantén moi activa pese á súa xubilación. Nos últimos anos, foi a cociñeira do Hotel Iberia, da súa propiedade. O alcalde entregoulle un ramo de flores e unha praca e os seus veciños e veciñas trasladáronlle todo o seu cariño.

Así mesmo, a cita serviu para recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Cabanas e, os beneficios xerados coa entrada, se reservarán para a adquisición de produtos técnicos cos que a Concellería de Servizos Sociais cubrirá as necesidades daquelas familias con menos recursos que así o precisen. 

Image: