Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Xantar Solidario este domingo en Cabanas

Gallego

Uns 180 veciños e veciñas compartirán mesa e mantel no local da SCRD San Mamede de Laraxe nun acto organizado polo Concello de Cabanas no marco do programa do Día da Muller Traballadora

Cabanas, 10 de marzo de 2017. Uns 180 veciños e veciñas de Cabanas daranse cita este domingo, 12 de marzo, no local da SCRD San Mamede de Laraxe para tomar parte no IV Xantar Solidario. Un acto organizado polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, incluído no programa deseñado para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

O xantar dará comezo ás 14 horas e incluirá tamén un baile posterior con música en directo. No transcurso do mesmo, e como vén sendo tradición, rendirase homenaxe ás mulleres traballadoras, representadas por unha das súas veciñas e cuxa identidade se desvelará no transcurso do xantar.

Así mesmo, o evento ten un marcado carácter solidario, xa que os asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros que irán destinados ó Banco de Alimentos de Cabanas. Ademais, os beneficios xerados coa entrada se reservarán para a adquisición de produtos técnicos cos que a Concellería de Servizos Sociais cubrirá as necesidades daquelas familias con menos recursos que así o precisen.