Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Os talleres de envellecemento activo, un punto de encontro para os maiores de Cabanas

Gallego

A actividade é gratuíta e o Concello pon a disposición dos participantes un servizo de transporte interparroquial para trasladalos ó local social

Cabanas, 08 de marzo de 2017. Combater a soidade e o illamento propiciando un lugar de encontro no que realizar actividades estimulantes en grupo é o principal obxectivo dos talleres de envellecemento activo postos en marcha polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Servizos Sociais. Celébranse todos os martes pola mañá, de 11 a 12,30 horas no local de As Viñas e a participación é completamente gratuíta. Non só iso, para evitar que os desprazamentos dende as diferentes parroquias se convirtan nun obstáculo, o Concello pon a disposición dos usuarios un servizo de transporte interparroquial tamén cun custe cero.

O programa, segundo explica o alcalde, Germán Castrillón, nace da necesidade de ofrecer actividades gratificantes para as persoas maiores que favorezan o encontro, especialmente daqueles que residen nas zonas máis rurais. A través das sesións, trabállase na recuperación da memoria histórica e as accións varían dunha xornada a outras, sempre atendendo ós seus gustos. Así, practican ximnasia mental e física, crean contidos nun blog específico…

A inscrición permanece aberta e pode formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais, na pranta baixa da casa consistorial.

Onte pola mañá, o alcalde visitaba ós participantes nos talleres e facíalles entrega dunha foto de familia.