Últimos días para anotarse no Xantar Solidario de Cabanas que o Concello promove con motivo do Día da Muller

Gallego

As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza antes do xoves, 9 de marzo, no consistorio ou no 981 49 59 59 e 676 857 909

Cabanas, 07 de marzo de 2017. As persoas interesadas en tomar parte no Xantar Solidario que, por cuarto ano consecutivo organiza a Concellería de Servizos Sociais de Cabanas con motivo do Día da Muller, deben anotarse antes do xoves, 9 de marzo. Poden facelo na casa consistorial ou chamando ós teléfonos 981 49 59 59 ou 676 857 909. O prezo é de 15 euros e, ademais do menú, haberá baile con música en directo. Preto de 125 veciños e veciñas se tiñan inscrito a pasada semana para unha cita que se celebrará este domingo, 12 de marzo, no local da SCRD San Mamede de Laraxe. Dará comezo ás 14 horas.

A través do Xantar Solidario, segundo explica o alcalde, Germán Castrillón, o Concello busca recadar alimentos para o Banco do municipio e tamén colaborar na adquisición de produtos técnicos para as familias en risco de exclusión social do municipio.

Organízase, como é tradición, coincidindo coa data do Día da Muller Traballadora e, no transcurso da cita, Concello e veciñanza rendirán homenaxe a unha das mulleres traballadoras de Cabanas, cuxa identidade se descubrirá o propio domingo.