Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

A casa consistorial acolle unha xuntanza informativa sobre axudas europeas

Gallego

Técnicos de Seitura 22 impartirán este xoves a charla sobre a liña de subvencións do Programa LEADER, ás 20 horas e con entrada libre

Cabanas, 06 de marzo de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, invitou esta mañá á veciñanza a tomar parte este xoves, 9 de marzo, na charla informativa organizada en Cabanas pola Asociación Seitura 22 con motivo da apertura da convocatoria de axudas no marco do Programa LEADER 2014-2017. Unha liña de subvencións europeas que, neste 2017, ascenderán a 563.000 euros. A cita, aberta á veciñanza, terá lugar a partir das 20 horas no salón de plenos da casa consistorial.

Seitura 22 é o grupo de desenvolvemento local (GDR) encargado de xestionar os fondos do Programa LEADER 2014-2020 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Nace da fusión das asociacións Costa Noroeste e EuroEume e está composto por 22 concellos, entre os que se atopa Cabanas.

Cos fondos citados darase impulso tanto a proxectos produtivos como non produtivos e del poderase beneficiar a iniciativa privada –pemes, autónomos…- e pública. De todo isto, informarase na citada xuntanza.

Tags: