Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Reunión informativa aberta en Cabanas sobre as axudas do Programa LEADER

Gallego

Técnicos de Seitura 22 acudirán á casa consistorial para dar a coñecer a liña de subvencións europea o 9 de marzo ás 20 horas e entrada libre

Cabanas, 02 de marzo de 2017. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas será escenario dunha das charlas informativas organizadas pola Asociación Seitura 22 con motivo da apertura da convocatoria de axudas no marco do Programa LEADER 2014-2017. Unha liña de subvencións europeas que, neste 2017, ascenderán a 563.000 euros. A cita, aberta á veciñanza, terá lugar o vindeiro xoves 9 de marzo, a partir das 20 horas.

Seitura 22 é o grupo de desenvolvemento local (GDR) encargado de xestionar os fondos do Programa LEADER 2014-2020 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Nace da fusión das asociacións Costa Noroeste e EuroEume e está composto por 22 concellos, entre os que se atopa Cabanas.

Cos fondos citados darase impulso tanto a proxectos produtivos como non produtivos e del poderase beneficiar a iniciativa privada –pemes, autónomos…- e pública. De todo isto, informarase na citada xuntanza.

Tags: