Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Reinicia III

Gallego

O alcalde, Germán Castrillón, participou en Ares no acto de clausura da iniciativa que impulsaron os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda

Cabanas, 1 de marzo de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, acudiu onte á Alianza Aresana para participar no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Reinicia III, no que se procedeu á entrega de diplomas aos 20 alumnos que formaron parte do programa. Un programa que nace do convenio de colaboración entre os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda e que se desenvolveu durante seis meses.

No mesmo, tomaron parte 20 alumnos, dez na especialidade de xardinería e outros dez en albañilería, que acometeron distintas actuacións nos municipios implicados durante os meses de duración do programa.

De feito, o acto celebrado onte en Ares, contou coa presenza dos alcaldes das localidades impulsoras: Ares, Julio Iglesias; Cabanas, Germán Castrillón; Fene, Juventino Trigo; Mugardos, Pilar Díaz, e Neda, Ángel Alvariño, que resaltaron nas súas respectivas intervencións a importancia deste tipo de proxectos para impulsar a formación e a cooperación entre as administracións locais.

No caso do Obradoiro de Emprego Reinicia III, ademais da formación teórica básica e complementaria que recibiu a alumnado, desenvolvéronse distintas actuacións relacionadas cos módulos de aprendizaxe, tales como a adecuación do contorno do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro en Ares, a limpeza do Parque Finca en Cabanas, a mellora de urbanización do O Baño e reparación de aceiras na Avenida de Galicia en Mugardos ou a reforma interior da escola da Torre en Anca no Concello de Neda.

Image: 
Tags: