O servizo de asesoramento e información sobre a praga da couza guatemalteca da pataca atende as súas primeiras consultas

Gallego

Cabanas, 1 de marzo de 2017. Ata doce veciños e veciñas acudiron o pasado luns á casa consistorial de Cabanas para asesorarse e recibir información no servizo de atención cidadá habilitado polo Concello sobre a praga da couza guatemalteca da pataca. Un servizo que se inauguraba esta semana e que, segundo indica o alcalde, Germán Castrillón, prestarase namentras sexa necesario os luns e os mércores de 10,30 a 12 horas. Non é preciso pedir cita previa, basta con achegarse á primeira pranta da consistorial e, se é o caso, esperar turno.

Na primeira xornada, o novo servizo tamén axudou ós 12 veciños que acudiron a tramitar a súa petición ante a Xunta para beneficiarse da liña de axudas aberta pola Consellería do Medio Rural para os agricultores afectados.

O novo servizo nace dunha declaración institucional en torno á praga da couza guatemalteca da pataca consensuada entre os grupos municipais con representación na corporación.

Image: