O Concello promove unha nova edición do Xantar Solidario no Día da Muller Traballadora

Gallego

As persoas interesadas en tomar parte poden apuntarse na casa consistorial ou nos teléfonos 981 49 59 59 e 676 857 909

Celebrarase o 12 de marzo no local da SCRD San Mamede de Laraxe

Cabanas, 28 de febreiro de 2017. O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza o Xantar Solidario de Cabanas coincidindo co Día da Muller Traballadora. Celebrarase o 12 de marzo, no local da SCRD San Mamede de Laraxe, e as persoas interesadas en tomar parte poden facer a súa reserva chamando ós teléfonos 981 49 59 59 e 676 857 909 ou anotándose na casa consistorial. O prezo é de 15 euros e o prato principal será o cocido. Así mesmo, o xantar inclúe baile con música en directo.

A cita servirá, como é tradición, para rendir homenaxe ás mulleres traballadoras do municipio, representadas por unha das súas veciñas e cuxa identidade se desvelará no transcurso do xantar. Así mesmo, o evento ten un marcado carácter solidario, xa que os asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros que irán destinados ó Banco de Alimentos de Cabanas. Ademais, os beneficios xerados coa entrada se reservarán para a adquisición de produtos técnicos cos que a Concellería de Servizos Sociais cubrirá as necesidades daquelas familias con menos recursos que así o precisen.

O xantar dará comezo ás 14 horas e, sobre as 17,30 horas, principiará o baile. Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, anima a veciños e veciñas a tomar parte nesta cita solidaria.

Archivo: