Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello de Cabanas habilitará un servizo de asesoramento e información sobre a praga da couza guatemalteca da pataca

Gallego

Prestarase os luns e mércores, na casa consistorial, de 10,30 a 12 horas

Así o acordou a corporación en pleno ó abeiro dunha declaración institucional consensuada entre os diferentes grupos municipais

Preto dun centenar de veciños acudiron a pasada semana á charla organizada polo Concello

Cabanas, 27 de febreiro de 2017. O Concello de Cabanas levou o pasado mércores a sesión plenaria unha declaración institucional sobre a praga da couza guatemalteca da pataca, consensuada entre os grupos, na que se compromete á posta en marcha dun servizo de asesoramento e información á veciñanza na casa consistorial. Servizo que comezará a prestarse dende esta semana os luns e os mércores de 10,30 a 12 horas e no que tamén se axudará ós interesados a tramitar a liña de axudas aberta pola Xunta. Así mesmo, e co ánimo de facilitar toda a información da que dispón a Administración local, organizará charlas veciñais sobre a praga. A primeira, celebrouse o pasado xoves á tarde, no salón de plenos, e nela tomaron parte preto dun centenar de veciños e veciñas.

A corporación en pleno tamén insta ó Ministerio de Agricultura e Pesca a publicar canto antes o decreto no que se establezan as medidas obrigatorias a adoptar por parte dos agricultores. Tamén, o establecemento de liñas de axudas e de compensación dos prexuízos económicos para as persoas propietarias afectadas, indo máis alá dos pagos da pataca destruída e incluíndo tanto explotacións comerciais como cultivos de autoconsumo, os maioritarios en Cabanas.

O obxectivo do Concello de Cabanas é, no marco das súas competencias, poñer todos os seus medios, materiais e persoais, para tentar contribuír á resolución desta problemática e así defender os intereses dos seus veciños e veciñas. 

Image: 
Tags: