Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas celebra este luns o Entroido con festa infantil e baile de disfraces para maiores

Gallego

As citas que promove o Concello terán lugar no local social da  Asociación de Veciños de Santa Cruz e arrancarán ás cinco da tarde

Cabanas, 24 de febreiro de 2017. O local social da Asociación de Veciños de Santa Cruz será o escenario elixido polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Turismo, para celebrar o Entroido. A programación festiva terá lugar este luns, 27 de febreiro, e víspera do festivo local. Nesta ocasión, haberá festa infantil para os máis pequenos e baile de disfraces para o público máis adulto.

A primeira dará comezo ás cinco da tarde, con entrada libre e gratuíta. O Concello ten preparadas diversas actividades de animación, obradoiros de globoflexia, baile e, para repoñer forzas, merenda. Así mesmo, os mellores disfraces terán premio e realizarase un sorteo de agasallos entre os participantes.

Sobre as 20,30 horas, virá o turno dos maiores. Na festa organizada polo Concello haberá unha saborosa degustación de produtos típicos da época, coma orellas, a un prezo de tres euros e, como non, baile de disfraces. Neste caso, coa actuación en directo do Musical Tribal. Como no caso anterior, os mellores disfraces tamén terán recompensa e os participantes entrarán a formar parte dun sorteo de agasallos.

Por último, o Concello anima á veciñanza a tomar parte na programación e celebrar xuntos o Entroido.

Tags: