Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Arrancan os talleres de envellecemento activo organizados polo Concello de Cabanas

Gallego

Unha vintena de persoas maiores do municipio toman parte nesta iniciativa, que se desenvolve todos os martes no local social de As Viñas

Cabanas, 22 de febreiro de 2017. Unha vintena de persoas maiores do municipio participan nos talleres de envellecemento activo organizados polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais. As sesións daban comezo onte á tarde e, con elas, a Administración local busca crear un espazo de encontro entre os maiores, especialmente das zonas máis rurais, evitando así o seu illamento e favorecendo as relación persoais, así como a súa participación nas actividades municipais.

As sesións celébranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Ademáis, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que despraza ós maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto.

Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

 

Image: