O Concello de Cabanas organiza este xoves unha charla informativa sobre a plaga da polilla guatemalteca da pataca

Gallego

Celebrarase na casa consistorial a partir das 19,30 h e entrada libre

Cabanas, 21 de febreiro de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá da intención do Concello de ofrecer unha charla informativa este xoves, 23 de febreiro, sobre a praga da polilla guatemalteca da pataca. Unha charla que dará comezo ás 19,30 horas no salón de plenos da casa consistorial e á que están invitados todos os veciños e veciñas do municipio.

Cabanas é unha das 31 vilas afectadas por esta praga e onde un bo número dos seus veciños e veciñas cultivan patacas para autoconsumo. Nesta liña, o rexidor explica que o obxectivo do Concello é ofrecer toda a información dispoñible a día de hoxe sobre a praga, a expensas da publicación do decreto que está a elaborar o Ministerio de Agricultura e Pesca.

Así, no transcurso da ponencia, infomarase das medidas obrigatorias a adoptar polos agricultores nas zonas afectadas, así como as recomendacións dictadas. Tamén das iniciativas a desenvolver en almacén.

Así mesmo, os veciños e veciñas poderán expoñer as súas dúbidas respecto a esta problemática e formular aquelas cuestións que consideren de interese. Por último, o alcalde sinala que a intención do Concello é continuar programando este tipo de charlas a medida que se amplíe a información da que se dispón.