Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O ciclo de charlas formativas sobre reciclaxe pecharase este luns en Lavandeira

Gallego

O Concello invita a veciños e veciñas a tomar parte no coloquio, que dará comezo a partir das 19,30 horas con entrada libre

Cabanas, 17 de febreiro de 2017. O ciclo de charlas formativas sobre reciclaxe que o Concello organizou ó longo deste mes nas diferentes parroquias do municipio clausurarase este luns en Lavandeira. O seu local social acollerá o cuarto e último coloquio a partir das 19,30 horas, e con entrada libre e gratuíta.

Técnicos medio ambientais facilitarán información á veciñanza sobre as claves para unha correcta separación dos residuos xerados nos domicilios, co ánimo de elevar as taxas de reciclaxe en Cabanas. E, tamén, resolverán as dúbidas que plantee o público.

Para levar a cabo a iniciativa, o Concello contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

Tags: