Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas celebra por todo o alto o Entroido con festa de disfraces para nenos e maiores

Gallego

O Concello conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Santa Cruz, en cuxo local se desenvolverá o programa o vindeiro día 27

Cabanas, 16 de febreiro de 2017. O Concello de Cabanas celebrará o Entroido por todo o alto no local da Asociación de Veciños de Santa Cruz. Será o luns 27 de febreiro e o programa inclúe sesión de tarde para os máis pequenos da casa e de tarde-noite para o público adulto.

Deste xeito, a festa infantil dará comezo ás cinco da tarde, con entrada libre e gratuíta. Iso si, o requisito é ir disfrazado e cargado de moitas ganas de pasalo ben. O Concello ten preparadas diversas actividades de animación, obradoiros de globoflexia, baile e, para repoñer forzas, merenda. Así mesmo, os mellores disfraces terán premio e realizarase un sorteo de agasallos entre os participantes.

Sobre as 20,30 horas, virá o turno dos maiores. Na festa que está a preparar o Concello haberá unha saborosa degustación de produtos típicos da época, coma orellas, a un prezo de tres euros e, como non, baile de disfraces. Neste caso, coa actuación en directo do Musical Tribal. Como no caso anterior, os mellores disfraces tamén terán recompensa e os participantes entrarán a formar parte dun sorteo de agasallos.

Por último, o Concello anima á veciñanza a tomar parte na programación e celebrar xuntos o Entroido.

 

Tags: