O Concello leva mañá as charlas informativas sobre reciclaxe a Laraxe

Gallego

Veciños e veciñas de Cabanas teñen este martes unha cita no local da Asociación Cultural San Mamede a partir das 19,30 h

Cabanas, 13 de febreiro de 2017. O local da Asociación Cultural San Mamede de Laraxe será escenario este martes, 14 de febreiro, dunha nova charla formativa sobre reciclaxe. Dará comezo ás 19,30 horas e a iniciativa forma parte do calendario de ponencias que promove o Concello en colaboración da Xunta de Galicia para facilitar información á veciñanza sobre as claves para unha correcta separación dos residuos xerados nos domicilios. A entrada é libre e gratuíta e está aberta á participación de todos os veciños e veciñas do municipio, con independencia da súa parroquia de residencia.

O obxectivo, segundo explica o Concello, é elevar as taxas de reciclaxe en Cabanas, fomentando a información sobre o proceso. Por iso, técnicos medio ambientais da Xunta estanse a desprazar a Cabanas para ofrecer as charlas e, tamén, resolver as dúbidas dos asistentes.

A de Laraxe será a terceira das ponencias previstas, despois das celebradas en San Martiño do Porto e Cabanas. Lavandeira será o último escenarios, cunha charla prevista no local social para o luns 20.

Image: 
Tags: