Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello abre o prazo de inscrición nos talleres de envellecemento activo

Gallego

Os obradoiros, organizados pola Concellería de Servizos Sociais, arrancarán o 21 deste mes no local social de As Viñas

Cabanas, 10 de febreiro de 2017. O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, retomará o vindeiro 21 de febreiro os talleres do programa de envellecemento activo. Un proxecto, financiado pola Deputación provincial da Coruña, co que se busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais.

As sesións celebraranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Iso si, é necesario inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext. 2. O prazo está aberto.

Así mesmo, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que desplazará os maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto.

Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

Por último, o Concello anima á veciñanza a inscribirse na actividade.