Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no Xantar Solidario a beneficio do Banco de Alimentos do municipio

Gallego

As persoas interesadas en tomar parte poden apuntarse na casa consistorial ou nos teléfonos 981 49 59 59 e 676 857 909

Cabanas, 08 de febreiro de 2017. Un ano máis, e xa van catro, a Concellería de Servizos Sociais de Cabanas invita á veciñanza a tomar parte nun Xantar Solidario co que recadar alimentos para o Banco do municipio. Celebrarase o 12 de marzo no local da SCRD San Mamede de Laraxe, que colabora activamente co Concello nesta cita, e o prazo de inscrición está aberto dende hoxe. Así, as persoas interesadas en colaborar con esta causa social e, ó mesmo tempo, compartir mesa e mantel en boa compañía, deben anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –na consistorial- ou ben chamando ós teléfonos 981 49 59 59 e 676 857 909.

O prezo do menú é de 15 euros e ten no cocido o seu prato principal, acorde co tempo no que estamos. O xantar dará comezo ás 14 horas e, xa entrada a tarde, sobre as 17,30 h, os asistentes poderán gozar dun baile con música en directo.

O alcalde, Germán Castrillón, fai un chamamento á veciñanza de Cabanas para facer da cita un encontro multitudinario e anima a entregar o maior número de alimentos non perecedoiros, que irán destinados ás familias en risco de exclusión social de Cabanas.