Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Medio Rural cederá novo material ó Concello de Cabanas para a loita contra a vespa velutina

Gallego

O alcalde, Germán Castrillón, solicitou unha pértega para acceder aos niños máis altos do municipio

Como concello colaborador co plan deseñado pola consellería para actuar contra este insecto invasor, Cabanas retirou ou inactivou o ano pasado 136 niños

Cabanas, 06 de febreiro de 2017. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, reuníronse a semana pasada para tratar diversas cuestións relativas ao Concello, entre elas, a evolución da vespa velutina no municipio. A este respecto o rexedor solicitou a cesión dunha pértega para acceder aos niños máis altos, material que xa accedeu a facilitar a consellería dado que Cabanas é un concello colaborador no plan de loita contra este insecto.

En concreto, o persoal municipal de Cabanas ten retirado ou inactivado 136 niños no último ano. Por provincias, a incidencia da velutina segue a ser máis destacada no litoral atlántico. De feito, na provincia da Coruña destruíronse 11.253 niños en 2016.

Nesta comarca, xa contan con pértegas os concellos de Pontedeume e Mugardos que se utilizan tamén en municipios limítrofes e agora incorporarase tamén Cabanas. Ademais, coma novidade, o concello propón levar a cabo accións divulgativas entre escolares para que os rapaces teñan información ao respecto e actúen de xeito correcto no caso de detectar un niño. Deste xeito, dunha banda protexerase ás persoas ao coñecer como deben actuar e lóitase contra a propagación desta vespa a través da educación. En moitos casos confúndese a velutina coa vespa común de Galicia, o que está provocando que se eliminen individuos da nosa especie autóctona, a única que loita contra a invasora.

Noutro orde de cousas, o alcalde aproveitou o encontro para ratificar o seu compromiso con campañas da consellería como o da marca Galega 100%, que volverá estar presente en eventos de carácter deportivo e lúdico do concello este exercicio.
  

Image: