Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Charlas formativas sobre reciclaxe nas parroquias

Gallego

O Concello pide a colaboración da veciñanza nesta iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta 

Cabanas, 02 de febreiro de 2017. O Concello de Cabanas quere continuar sen incrementar o recibo do lixo ós veciños e veciñas pese a ser un servizo a día de hoxe deficitario. E, como alternativa, proponse elevar as taxas de reciclaxe no municipio. Por iso, pide a colaboración de veciños e veciñas a anímaos a participar no calendario de charlas formativas deseñado en colaboración coa Xunta de Galicia para dar a coñecer as claves dunha correcta separación dos residuos. Unhas charlas que se sucederán ao longo das próximas semanas nas diferentes parroquias, aínda que están abertas a todo o mundo, con independencia do seu lugar de residencia.

Así, técnicos medio ambientais da Xunta desprazaranse a Cabanas para informar das pautas a seguir e atenderán as consultas e dúbidas dos asistentes.

O calendario inaugurarase no local da Asociación Cultural San Martiño do Porto o mércores 8 de febreiro e as reunións continuarán ó día seguinte, xoves 9, no salón de plenos da casa consistorial; o 14 de febreiro será a quenda de Laraxe, parroquia que desenvolverá a charla no local da Asociación Cultural San Mamede. E, pechando a rolda, o luns 20 celebrarase no local social de Lavandeira.

En todos os casos, as charlas comezarán ás 19,30 horas e prolongaranse por espazo dun hora.

 

Tags: