Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello inicia unha campaña de recollida de botellas de plástico no colexio para facer trampas contra as vespas velutinas

Gallego

A Concellería de Servizos quere implicar á comunidade educativa nun programa de actividades que se estenderá nos próximos meses

Cabanas, 01 de febreiro de 2017. A Concellería de Servizos do Concello de Cabanas, en colaboración co CEIP Eladia Mariño, inicia unha campaña de recollida de botellas de plástico coas que realizar trampas contra a vespa velutina. Con esta iniciativa, a concellería quere implicar á comunidade educativa nun programa municipal co que minimizar o impacto que está a causar esta especie invasora. Un programa que incluirá diferentes actividades como a realización de charlas informativas sobre a vespa velutina e os métodos e os protocolos para o control e eliminación de niños e raíñas no propio centro educativo e nas asociacións do municipio e rutas de sendeirismo para a colocación de trampas.

Precisamente, nesta primeira fase, o Concello busca a participación do alumnado e equipo docente do CEIP Eladia Mariño e, de aí, que inicie a campaña de recollida de botellas de plástico. Recoméndase que teñan unha capacidade de entre 1,5 e 2 litros. Concluída a recollida e elaboradas as trampas, fixarase un calendario de rutas de sendeirismo, que se levará a cabo en colaboración co clube KDM, e nas que se emprazarán as trampas.

Esta campaña nace da necesidade de paliar os efectos desta especie invasora e dará cumprimento a unha moción aprobada en pleno pola corporación municipal na que se propoñía realizar un trampeo primaveral, un dos métodos máis efectivos hoxe en día para combater a vespa velutina.

Tags: